XVIICrosDeBrona2023
XVI Cros de Verán de Broña, 2023
Pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados"!
Cartel
Data: domingo, 17 de setembro de 2022
Hora: carreiras a partires das 10:00 h, saídas e chegadas no arco de meta, no comezo do paseo, ou na zona verde da praia.
Distancia: Diversas distancias segundo as categorías, aproximadamente 10 ou 5 km as carreiras de adultos/as
Organiza
Club de Atletismo Outes
Inscrición
En Emesports ou o mesmo día da proba para os/as máis pequenos/as. Ver máis abaixo o punto 4 do regulamento.
Colaboran
- Concello de Outes
- Protección Civil de Outes
- Cruz Vermella, Agrupación de Noia
- Asociación Veciñal “O Pedregal”, San Cosme, Outes
- Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, IDIS
- Asociación Terra de Outes
Regulamento
1º. As carreiras de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA VERDE da PRAIA DE BROÑA. As carreiras de infantís, cadetes, xuvenil/xunior, promesa/sénior e veteráns faranse no circuíto mixto (terra/asfalto/cemento) sinalado pola organización.
2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.
3º. Na carreira de 10 km e en tódalas de pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas, infantís e cadetes, haberá premios para os tres primeiros e as tres primeiras participantes de cada categoría. Ademáis, haberá tres premios para os tres primeiros clasificados e as tres primeiras clasificadas na carreira de 5 km, sexa cal sexa a súa categoría (xuvenil/xunior, promesa/senior, veteráns/nas ou superveteráns/nas). Entregarase un premio de honra aos/ás corredores e a corredoras de maior e menor idade.
4º: As inscricións para todas as categorías faranse en Emesports, antes das 23:59 do mércores, 14 de setembro. As categorías pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas, poderanse facer tamén no día da carreira ata 30 minutos antes de cada carreira. A inscrición é obrigatoria para contar coa cobertura do seguro do evento e participar no sorteo de agasallos. Por favor, fagamos un esforzo para evitar inscricións a última hora.
5º. Os/as participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada carreira.
6º. Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización.
7º. A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O aquí non recollido resolverase segundo o seu criterio. As súas decisións serán inapelables.
8º. Tódolos/as participantes debidamente inscritos/as estarán amparados/as por unha póliza de seguro de accidentes deportivos e responsabilidade civil concertada pola organización.
9º. Aínda que o evento sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións que serán resoltas pola organización antes da entrega de premios. Espérase e agradécese un espírito e un comportamento deportivo por parte de tódolos/as participantes.
10º. En cada carreira cerrarase o control así que transcorra o triple do tempo empregado polo/a vencedor/a.
11º. Ao longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos e poderá descualificar aos/ás participantes que cometan algunha irregularidade.
12º. A organización poderá agrupar categorías e atrasar a hora de saída dalgunhas carreiras en función dos/as corredores/as inscritos/as en cada unha.
13º. A entrega de trofeos farase ao rematar tódalas carreiras.
14º. É de obrigado cumprimento acudir ao protocolo da entrega de trofeos por parte dos/as atletas premiados/as. En caso contrario non recibirán as distincións e/ou agasallos.
15º. Tódalas persoas inscritas nas carreiras que crucen á meta antes do peche do control recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa (entregaranse na chegada de cada carreira ata fin de existencias). Destas, tódalas maiores de 18 anos participarán ademais no sorteo dunha noite nas Cabanas de Broña. As persoas agraciadas terán que recoller o agasallo persoalmente no momento do sorteo. No caso de non estar presente, sortearase de novo.
16º. De 10:00 a 12:00 celebrarase un obradoiro de primeiros auxilios.
17º. A zona da praia de Broña é un entorno excelente para disfrutar dun xantar ao aire libre. A hostelería local estará tamén encantada de recibirnos. Haberá duchas dispoñibles no polideportivo de O Cruceiro de Roo desde as 12:00 ata as 13:15.
Retirada de dorsais
Nas mesas de control da organización situadas na caseta de socorrismo, no paseo que bordea a praia ata media hora antes de cada carreira. Para as andainas haberá un control de inscrición no Centro Náutico do Freixo.
Categorías e horarios
Obradoiro de primeiros auxilios:atragoamento
Aprenderemos a actuar ante unha persoa (infantil, neno, adulto, adulto maior) que se atraganta. As manobras contra asfixia son técnicas de primeiros auxilios para axudar a unha persoa que se enfronta a unha obstrución das súas vías respiratorias debido á presenza dun obxecto estraño (por exemplo, un alimento). Cando estas manobras son aplicadas de forma correcta e oportuna por unha testemuña, permítelle á persoa volver a respirar normalmente e pode salvarlle a vida!
No espazo do piñeiral de Broña, cerca da liña de saída para as carreiras e o paseo, programaranse demostracións e prácticas para persoas sen formación en atención sanitaria. Non é necesaria inscrición previa. as actividades están destinadas para todo o público.