XVII Cros de Verán de Broña, 2023

E andaina solidaria a favor de ADISBISMUR pola Ruta dos carpinteiros cos pés mollados!
cartel

Data: andaina o sábado 16, carreiras o domingo, 17 de setembro de 2023
Hora: a andaina arranca ás 9:30; as carreiras, a partires das 10:00 h. Saídas e chegadas no arco de meta, cerca do comezo do paseo, ou na zona verde da praia.
Distancia: andaina: á volta dos 12 km; carreiras: en función das categorías (ver táboa máis abaixo), á volta dos 10 ou 5 km as carreiras de adultos/as.

Organiza

Club de Atletismo Outes
O CAO en Facebook

Inscrición

Para as carreiras, ver o punto 4 do regulamento máis abaixo.
Para andaina, Cronotec ata o xoves 14 de setembro ás 14:00 ou o no mesmo día no punto de control, na caseta de socorrismo; propomos un donativo de 5 euros por persoa que se entragará no momento da recollida do dorsal.

Colaboran

  • Concello de Outes
  • Deputación Provincial da Coruña
  • Asociación Veciñal “O Pedregal”, San Cosme, Outes
  • Protección Civil de Outes
  • Cruz Vermella, Agrupación de Noia
  • Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), grupo SICRUS (Simulación, Soporte Vital y Cuidados Intensivos).
  • Universidade de Santiago de Compostela (USC), grupo CLINURSID (Enfermería clínica, urgencias, simulación e innovación docente)
  • Club Revoltas Ciclistas
  • Asociación Terra de Outes

Regulamento

1º. As carreiras de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA VERDE da PRAIA DE BROÑA. As carreiras de infantís, cadetes, xuvenil/xunior, promesa/sénior e veteráns 1, 2 e 3 faranse no circuíto mixto (terra/asfalto/cemento) sinalado pola organización.

2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.

3º. Na carreira de 10 km (categorías Xuvenil/Xunior, Promesa/Senior e Veteráns 1,2 e 3) e na de 3kms (categorías infantís e cadetes), haberá premios para os tres primeiros e as tres primeiras participantes de cada categoría. Ademáis, haberá tres premios para os tres primeiros clasificados e as tres primeiras clasificadas na carreira de 5 km, sexa cal sexa a súa categoría (xuvenil/xunior, promesa/senior, veteráns/nas 1, 2 e 3). Entregarase un premio de honra aos/ás corredores e a corredoras de maior e menor idade.

4º: As inscricións para todas as carreiras faranse en Cronotec, antes das 14:00 do xoves, 14 de setembro. Para as categorías pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas, poderanse facer tamén no día da carreira ata 30 minutos antes do inicio de cada unha. A inscrición é obrigatoria para contar coa cobertura do seguro do evento e participar no sorteo de agasallos. Por favor, fagamos un esforzo para evitar inscricións a última hora.

5º. Os/as participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada carreira.

6º. Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar o labor da organización.

7º. A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O aquí non recollido resolverase segundo o seu criterio. As súas decisións serán inapelables.

8º. Tódolos/as participantes debidamente inscritos/as estarán amparados/as por unha póliza de seguro de accidentes deportivos e responsabilidade civil concertada pola organización.

9º. Aínda que o evento sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións que serán resoltas pola organización antes da entrega de premios. Agradecerase un espírito e un comportamento deportivo por parte de tódolos/as participantes.

10º. En cada carreira cerrarase o control así que transcorra o triplo do tempo empregado polo/a vencedor/a.

11º. Ao longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos e poderá descualificar aos/ás participantes que cometan algunha irregularidade.

12º. A organización poderá agrupar categorías e atrasar a hora de saída dalgunhas carreiras en función das persoas inscritas en cada unha.

13º. A entrega de trofeos farase ao rematar tódalas carreiras.

14º. É de obrigado cumprimento acudir ao protocolo da entrega de trofeos por parte dos/as atletas premiados/as. En caso contrario non recibirán as distincións e/ou agasallos.

15º. Tódalas persoas inscritas nas carreiras que crucen á meta antes do peche do control recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa (entregaranse na chegada de cada carreira ata fin de existencias). Destas, tódalas maiores de 18 anos participarán ademais no sorteo dunha noite nas Cabanas de Broña. As persoas agraciadas terán que recoller o agasallo persoalmente no momento do sorteo. No caso de non estar presente, sortearase de novo.

16º. Entre as 10:00 e as 13:00 se  celebrará un obradoiro de primeiros auxilios.

17º. A zona da praia de Broña é un entorno excelente para desfrutar dun xantar ao aire libre. A hostalería local estará tamén encantada de recibirnos. Haberá duchas dispoñibles no polideportivo do Cruceiro de Roo desde as 12:00 ata as 13:00.


Retirada de dorsais

Nas mesas de control da organización situadas na caseta de socorrismo, no paseo que bordea a praia, ata media hora antes de cada carreira. Para a andaina haberá un control de inscrición no mesmo lugar.


Categorías e horarios

categorias_pdf.png


Obradoiro de primeiros auxilios: atragoamento

Aprenderemos a actuar ante unha persoa de calquera idade que se atragoa. As manobras contra asfixia son técnicas de primeiros auxilios para axudar a unha persoa que se enfronta a unha obstrución das súas vías respiratorias debida á presenza dun obxecto estraño (por exemplo, un alimento). Cando estas manobras son aplicadas de forma correcta e oportuna por calquera de nos, permítelle á persoa atragoada volver a respirar normalmente e pode salvarlle a vida!

No espazo do piñeiral de Broña, cerca da liña de saída para as carreiras e o paseo, programaranse demostracións e prácticas para persoas sen formación en atención sanitaria. Non é necesaria inscrición previa. As actividades están destinadas para todo o público.

Tags:
Created by Ricardo Rodríguez Fernández on 2023/08/18 21:10
    
This wiki is licensed under a Creative Commons 2.0 license
XWiki Enterprise 7.3 - Documentation