• Ricardo Rodríguez Fernández
    Ricardo Rodríguez Fernández, 2015/02/26 11:03

    Integrantes
    O Consorcio CIXUG foi creado durante o ano 2006 coa participación da Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña. Durante o ano 2009, a Universidade de Vigo incorporouse ao Consorcio. Desta forma, conta coa máxima representación no ámbito universitario galego.
    Potenciais membros
    Cixug Logo O convenio de creación do CIXUG abre as portas á participación doutras Universidades e Administracións Públicas relacionadas co ámbito universitario, permitindo impulsar a incorporación de mellores prácticas aos procesos asociados á xestión académica, xestión de investigación e xestión económica que permitan o deseño e o desenvolvemento de solucións informáticas que apoien a xestión universitaria e a integración de datos e información en coñecemento que asistan á toma de decisións da dirección.

This wiki is licensed under a Creative Commons 2.0 license
XWiki Enterprise 7.3 - Documentation