XVIII Cros de Broña 2024
XVIII Cros de Verán de Broña, 2024
E andaina solidaria a favor de ADISBISMUR pola Ruta dos carpinteiros cos pés mollados!
Data: andaina e carreiras o domingo, 15 de setembro de 2024
Hora: a andaina arranca ás 9:30; as carreiras, a partires das 10:00 h. Saídas e chegadas no arco de meta, cerca do comezo do paseo, ou na zona verde da praia.
Distancia: andaina: á volta dos 12 km; carreiras: en función das categorías (ver táboa máis abaixo), á volta dos 10 ou 5 km as carreiras de adultos/as.
Organiza
Club de Atletismo Outes
O CAO en Facebook. E a nosa web
Inscrición
Para as carreiras, ver o punto 4 do regulamento máis abaixo.
Para andaina, Galitiming ata o xoves 12 de setembro ás 14:00 ou o no mesmo día no punto de control, na caseta de socorrismo; propomos un donativo de 5 euros por persoa que se entragará no momento da recollida do dorsal.
Colaboran
- Concello de Outes
- Deputación Provincial da Coruña
- Asociación Veciñal “O Pedregal”, San Cosme, Outes
- Protección Civil de Outes
- Cruz Vermella, Agrupación de Noia
- Club Revoltas Ciclistas
- Asociación Terra de Outes
Regulamento
1º. As carreiras de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA VERDE da PRAIA DE BROÑA. As carreiras de infantís, cadetes, xuvenil/xunior, promesa/sénior e veteráns 1, 2 e 3 faranse no circuíto mixto (terra/asfalto/cemento) sinalado pola organización.
2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.
3º. Na carreira de 10 km (categorías Xuvenil/Xunior, Promesa/Senior e Veteráns 1,2 e 3) e na de 3kms (categorías infantís e cadetes), haberá premios para os tres primeiros e as tres primeiras participantes de cada categoría. Ademáis, haberá tres premios para os tres primeiros clasificados e as tres primeiras clasificadas na carreira de 5 km, sexa cal sexa a súa categoría (xuvenil/xunior, promesa/senior, veteráns/nas 1, 2 e 3). Entregarase un premio de honra aos/ás corredores e a corredoras de maior e menor idade.
4º: As inscricións para todas as carreiras faranse en Galitiming, antes das 14:00 do xoves, 12 de setembro. Para as categorías pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas, poderanse facer tamén no día da carreira ata 30 minutos antes do inicio de cada unha. A inscrición é obrigatoria para contar coa cobertura do seguro do evento e participar no sorteo de agasallos. Por favor, fagamos un esforzo para evitar inscricións a última hora.
5º. Os/as participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada carreira.
6º. Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar o labor da organización.
7º. A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O aquí non recollido resolverase segundo o seu criterio. As súas decisións serán inapelables.
8º. Tódolos/as participantes debidamente inscritos/as estarán amparados/as por unha póliza de seguro de accidentes deportivos e responsabilidade civil concertada pola organización.
9º. Aínda que o evento sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións que serán resoltas pola organización antes da entrega de premios. Agradecerase un espírito e un comportamento deportivo por parte de tódolos/as participantes.
10º. En cada carreira cerrarase o control así que transcorra o triplo do tempo empregado polo/a vencedor/a.
11º. Ao longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos e poderá descualificar aos/ás participantes que cometan algunha irregularidade.
12º. A organización poderá agrupar categorías e atrasar a hora de saída dalgunhas carreiras en función das persoas inscritas en cada unha.
13º. A entrega de trofeos farase ao rematar tódalas carreiras.
14º. É de obrigado cumprimento acudir ao protocolo da entrega de trofeos por parte dos/as atletas premiados/as. En caso contrario non recibirán as distincións e/ou agasallos.
15º. Tódalas persoas inscritas nas carreiras que crucen á meta antes do peche do control recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa (entregaranse na chegada de cada carreira ata fin de existencias). Destas, tódalas maiores de 18 anos participarán ademais no sorteo dunha noite nas Cabanas de Broña. As persoas agraciadas terán que recoller o agasallo persoalmente no momento do sorteo. No caso de non estar presente, sortearase de novo.
16º. Entre as 10:00 e as 12:30 se celebrará un obradoiro de condición física e competencia motriz.
17º. A zona da praia de Broña é un entorno excelente para desfrutar dun xantar ao aire libre. A hostalería local estará tamén encantada de recibirnos. Haberá duchas dispoñibles no polideportivo do Cruceiro de Roo desde as 12:00 ata as 13:00.
Retirada de dorsais
Nas mesas de control da organización situadas na caseta de socorrismo, no paseo que bordea a praia, ata media hora antes de cada carreira. Para a andaina haberá un control de inscrición no mesmo lugar.
Categorías e horarios
Obradoiro de condición física e competencia motriz
A condición física e a competencia motriz relaciónanse directamente coa práctica regular de actividade física e, como consecuencia, coa adquisición de hábitos de vida saudables. Nos últimos anos, estase a producir un descenso nos niveis de competencia motriz e condición física, o que podería ter repercusión na saúde inmediata e futura. Por isto, é de vital importancia coñecer se os nosos niveis de desenvolvemento son axeitados.
O obxectivo do obradoiro é dar a coñecer ás persoas participantes o seu nivel de competencia motriz e condición física. Ademais, promover a conciencia sobre a importancia da actividade física regular para o mantemento dunha vida saudable e a prevención de problemas de saúde futuros.
Non é necesaria inscrición previa. A actividade está destinada a persoas de calquera idea, participantes ou non nas carreiras.