XII Cross de Verán de Broña (borrador de traballo)
Data: 18/09/2016
Nome da carreira: XII Cross de Verán de Broña
Hora de comezo: 10:30
Hora de remate: 14:00
Descripción
XII Cross de Verán de Broña
e andaina cardiosaudable pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados"
Creando Cultura de Movemento
Data: domingo, 18 de setembro de 2016
Hora: a partires das 10:30 h (saída das categorías de adultos/as); saída da andaina ás 11:15
Lugar: saída e chegada no paseo da Praia de Broña, Outes
Distancia: Diversas distancias segundo as categorías, aproximadamente 10 ou 5,5 Km a carreira de adultos/as e 3,5 Km a andaina
Organiza: Club de Atletismo Outes
Inscrición: en Emesports,http://emesports.es, na web da proba, https://sites.google.com/site/carreirabrona/, ou no correo electrónico carreirabrona@gmail.com segundo categorías. Ver máis abaixo o punto 4 do regulamento.
Web: Cross de Verán de Broña
Organiza
Club de Atletismo Outes
Colaboran
- Asociación Veciñal “O Pedregal”, San Cosme, Outes
- Unidad de Rehabilitación Cardíaca do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, Xerencia de Gestión Integrada de Santiago de Compostela, SERGAS
- Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, SERGAS
- Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte, Universidade de Vigo
- Ilustre Colexio Oficial de Licenciadas/os en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia)
- Asociación Terra de Outes
- Concellalía de Cultura e Deportes, Concello de Outes
- Concello de Outes
- Deputation da Coruña
- Asociación Corazonadas
- Cruz Vermella, Asemblea de Noia
- Protección Civil de Outes
- Coca-Cola
- Fundación Deporte Galego
- Galicia Saudable
Regulamento
1º. As probas de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA VERDE da PRAIA DE BROÑA. As probas de infantís, cadetes, xuvenil/xunior, promesa/sénior, veteráns e superveteráns farase no circuíto mixto (terra/asfalto/cemento) sinalado pola organización.
2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.
3º. Na proba de 10 Km e en tódalas probas de pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas, infantís e cadetes, haberá premios para os tres primeiros e as tres primeiras participantes de cada categoría. Ademáis, haberá tres premios para os tres primeiros clasificados e as tres primeiras clasificadas na carreira de 5,5 km, sexa cal sexa a súa categoría (xuvenil/xunior, promesa/senior, veteráns/nas ou superveteráns/nas).
4º. As inscricións para as probas de 10, 5,5 e 3 km faranse en Emesports, http://emesports.es, as das categorías faranse na web da proba http://sites.google.com/site/carreirabrona ou no correo-e carreirabrona@gmail.com, ate ás 14:00 horas do sábado día 18 de setembro do 2016. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento, localidade e club (se procede). NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA CARREIRA, excepto as categorías: pitufos, prebenxamíns, benxamíns e alevíns que poderán facelo ata media hora antes de cada carreira, prégase que as mesmas se realicen antes para evitar apuros de última hora.
5º. Os participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.
6º. Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización.
7º. A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O non recollido nel resolverase segundo o criterio da organización e as súas decisións serán inapelables.
8º. A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir as/os participantes nestas probas por calquera incidente fortuíto durante o seu desenvolvemento.
9º. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións que serán resoltas pola organización antes da entrega de premios. Espérase e agradécese un espírito e un comportamento deportivo por parte de todas e tódolos/as os/as participantes.
10º. En cada proba cerrarase o control así que transcorra o dobre do tempo empregado polo vencedor.
11º. Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderá descualificar os participantes que cometan algunha irregularidade.
12º. A organización poderá agrupar categorías e anticipar a hora de saída dalgunhas carreiras en función dos corredores inscritos en cada unha.
13º. A entrega de trofeos farase ao rematar a proba.
14º. É de obrigado cumprimento acudir o protocolo da entrega de trofeos por parte dos atletas premiados. En caso contrario non recibirán as distincións e/ou agasallos.
Retirada de dorsais
Na mesa de control da organización situada no circuíto ata media hora antes de cada carreira.
Categorías e horarios das carreiras e outras actividades
segundo a táboa
Cómpre axustar o horario da saída do paseo. Penso que de 11:15 a 12:45 podería estar ben!