Data: 18/09/2016
Nome da carreira: XII Cross de Verán de Broña
Hora de comezo: 10:30
Hora de remate: 14:00

Descripción


XII Cross de Verán de Broña, 2016
e andaina cardiosaudable pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados"
Creando Cultura de Movemento
29 de setembro, Día Mundial do Corazón


Cartel: http://goo.gl/r85u5U (24,5Mb), http://goo.gl/cUKwvQ (4Mb)
Data: domingo, 18 de setembro de 2016
Hora: a partires das 10:30 h (saída das categorías de adultos/as); saída da andaina ás 11:15
Lugar: saída e chegada no paseo da Praia de Broña, Outes
Distancia: Diversas distancias segundo as categorías, aproximadamente 10 ou 5,5 Km as carreiras de adultos/as e 3,5 Km a andaina
Organiza: Club de Atletismo Outes
Inscrición: en Emesports, na web da proba, ou no correo electrónico carreirabrona@gmail.com segundo categorías. Ver máis abaixo o punto 4 do regulamento.
Web: https://sites.google.com/site/carreirabrona/

Organiza

Club de Atletismo Outes

Colaboran

  • Asociación Veciñal “O Pedregal”, San Cosme, Outes
  • Unidade de Rehabilitación Cardíaca do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, SERGAS
  • Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, SERGAS 
  • Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte, Universidade de Vigo
  • Ilustre Colexio Oficial de Licenciadas/os en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia)
  • Asociación Terra de Outes
  • Concellalía de Cultura e Deportes, Concello de Outes
  • Concello de Outes
  • Deputación da Coruña
  • Asociación Corazonadas
  • Cruz Vermella, Asemblea de Noia
  • Protección Civil de Outes
  • Coca-Cola
  • Fundación Deporte Galego
  • Galicia Saudable

con logos

Regulamento

1º. As probas de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA VERDE da PRAIA DE BROÑA. As probas de infantís, cadetes, xuvenil/xunior, promesa/sénior, veteráns e superveteráns farase no circuíto mixto (terra/asfalto/cemento) sinalado pola organización.

2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.

3º. Na proba de 10 Km e en tódalas probas de pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas, infantís e cadetes, haberá premios para os tres primeiros e as tres primeiras participantes de cada categoría. Ademáis, haberá tres premios para os tres primeiros clasificados e as tres primeiras clasificadas na carreira de 5,5 km, sexa cal sexa a súa categoría (xuvenil/xunior, promesa/senior, veteráns/nas ou superveteráns/nas). Entregarase un premio de honra aos/ás corredores e a corredoras de maior e menor idade. 

4º. As inscricións para as probas de 10 km, 5,5 km, 3 km (infantís e cadetes) e a andaina faranse en Emesports, antes das 24:00 do xoves, 15 de setembro. As das categorías pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas e a andaina, faranse na web da proba ou no correo-e carreirabrona@gmail.com, ate 30 minutos antes de cada proba. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento, localidade e club (se procede). A participación na proba de 5,5 km e na andaina son compatibles no horario. Se algunha persoa quere participar nas dúas, cómpre que se inscriba en ambas probas aínda que usará só o dorsal entregado para o cross. Ese será tamén o número co que participará no sorteo de agasallos. Por favor, fagamos un esforzo para evitar inscricións a última hora!

5º. Os/as participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.

6º. Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización.

7º. A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O aquí non recollido resolverase segundo o seu criterio. As súas decisións serán inapelables.

8º. Tódolos/as participantes debidamente inscritos/as estarán amparados/as por unha póliza de seguro de accidentes deportivos e responsabilidade civil concertada pola organización.

9º. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións que serán resoltas pola organización antes da entrega de premios. Espérase e agradécese un espírito e un comportamento deportivo por parte de tódolos/as participantes.

10º. En cada proba cerrarase o control así que transcorra o triple do tempo empregado polo/a vencedor/a. No caso da andaina, e por razóns puramente loxísticas, pecharase o control cando comece a entrega de trofeos ás 13:15.

11º. Ao longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos e poderá descualificar aos/ás participantes que cometan algunha irregularidade.

12º. A organización poderá agrupar categorías e anticipar a hora de saída dalgunhas carreiras en función dos/as corredores/as inscritos/as en cada proba.

13º. A entrega de trofeos farase ao rematar tódalas probas.

14º. É de obrigado cumprimento acudir ao protocolo da entrega de trofeos por parte dos/as atletas premiados/as. En caso contrario non recibirán as distincións e/ou agasallos.

15º. Tódalas persoas, inscritas na carreira ou na andaina, que crucen á meta antes do peche do control, recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa. Destas, tódalas maiores de 18 anos participarán ademais no sorteo dunha noite nas Cabanas de Broña e  dun precioso paseo en barca pola ría e Esteiro do Tambre ofrecido por Xosé Ramón Barreiro, "Moncho", do Freixo. As persoas agraciadas terán que recoller o agasallo persoalmente no momento do sorteo. No caso de non estar presente, sortearase de novo. A persoa que resulte agraciada co agasallo do primeiro sorteo, non participará no segundo.

16º. Durante toda a mañá celebrarase dous obradoiros de reanimación cardio-pulmonar/desfibrilación semiautomática e dinamometría. Varios especialistas achegarannos á avaliación da capacidade física para a práctica de deporte e actividade física de xeito seguro, adaptado ás capacidades e forma física de cada persoa.

17º. A zona da praia de Broña é un entorno excelente para disfrutar dun xantar ao aire libre. Organízase un xantar campestre na zona verde. Instalarase unha pulpeira que ofrecerá un menú económico* para quenes queran disfrutar dun rato agradable comentando o resultado das probas e compartindo experiencias e prefiran non levar comida da casa ou usar a hostelería local. Prégase marcar a casilla correspondentes no formularios de inscrición, ven en Emesport, ven na web da carreira, dependendo das categorías e actividades, confirmando quenes se quedarán a xantar. Xunto coa marca da casilla para os/as inscritos poderá rexistrarse o número de persoas, nenos/as ou adultos/as que acompañarán a cada persoa inscrita. Por favor, completade tamén os datos de contacto: desde a organización porémonos en contacto con tódolos/as interesados para completar os detalles. Haberá duchas dispoñibles no polideportivo de O Cruceiro de Roo e no Centro Náutico Municipal Francisco Rama Vázquez "Fufú", O Freixo, desde as 11:00 ata as 13:00.

*Prezos e menú
0-5 anos, non pagan
5-10, 10€
maiores de 10 anos, 18€

...e xantaremos...
un pouco de pulpo
mexilóns ao vapor
carne ó caldeiro a demanda
bebida
postre (froita e doces)
café

Retirada de dorsais

Na mesa de control da organización situada no circuíto ata media hora antes de cada carreira.

Categorías e horarios das carreiras e outras actividades

XIICrossDeVeranDeBrona.horarios.png



Obradoiro de dinamometría

O Ilustre Colexio Oficial de Licenciadas/os en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia) realizará un sinxelo test para todos os públicos, que permite coñecer o nivel de presión manual coa axuda de dinamómetros dixitais. Informará in situ aos participantes do resultado en relación aos valores de referencia e outros exemplos significativos. A dinamometría forma parte dun conxunto de probas de valoración funcional que serven para analizar a autonomía e capacidades físicas dunha persoa, e poder adaptalas á súa ocupación e exercicio físico actual.

Obradoiro de reanimación cardio-pulmonar/desfibrilación semiautomática (RCP/DESA)

A reanimación cardiopulmonar é o conxunto de maniobras máis eficaz para salvar vidas cando o corazón ten deixado de later. Calquera persoa sen formación en atención sanitaria pode realizar os primeiros pasos de reanimación, pero ten que coñecelos e estar suficientemente entrenada. No espazo do piñeiral de Broña, cerca da liña de saída para as carreiras e a andaina, a Unidade de Rehabilitación Cardíaca do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, o grupo de investigación Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo (REMOSS) da Universidade de Vigo e a Asociación Corazonadas, demostrarán con modelos de entrenamento a secuencia das manobras o xeito correcto de realizalas. Será máis unha actividade de introducción e sensibilización que un obradoiro onde podades acadar as capacidades necesarias para unha reanimación exitosa. Queremos agora chegar a máis xente a costa da intensidade da formación. Non tardaremos moito en programar obradoiros para grupos concretos (técnicos/as de promoción e xestión de actividades deportivas no ámbito dos concellos, deportistas aficionados, traballadores/as do mar...)!

Andaina cardiosaudable pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados"

Cremos que é posible promover a volta a estilos de vida ricos en actividade física en contacto coa natureza e coa cultura, co paseo ilustrado con coñecementos do medio que se pasea, sexa sobre a natureza, sobre os usos do territorio, ou, como neste caso, as actividades industriais que non hai tantos anos alí se desenvolveron. Este ano propomos tamén un paseo pola “Ruta dos carpinteiros cos pés mollados”: chea de sinais da actividade de construcción de embarcacions en madeira que alí tiña lugar na segunda metade do século XIX e primeira do XX. En aproximadamente 3,5 km recorreremos a beira da Seca de Broña cruzándoa na baixamar pola area na zona do Requeixo, subiremos a Cerzón e voltaremos á praia. É un recorrido asequible, con pequenas dificultades que motivan ao/á paseante, a ritmo de conversa e acompañados por quen moito sabe das carpinterías de ribeira da zona: Santiago Llovo. Esta proposta esta supervisada e apoiada pola Unidade de Rehabilitación Cardíaca do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, o Grupo de Investigación Motricidade e Rendemiento en Salvamento e Socorrismo da Universidade de Vigo, o Ilustre Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia) e a Asociación Corazonadas.

Tags:
Created by Ricardo Rodríguez Fernández on 2016/08/01 22:21
    
This wiki is licensed under a Creative Commons 2.0 license
XWiki Enterprise 7.3 - Documentation