XII Cross de Verán de Broña


Fecha: 18/09/2016
Nombre de la carrera: XII Cross de Verán de Broña
Hora de comienzo: 10:30
Hora de finalización: 14:00

XI Cross de Verán de Broña

Descripción

Data: domingo, 18 de setembro de 2016
Hora: a partires das 10:30 h (saída das categorías de adultos/as)
Lugar: saída e chegada no paseo da Praia de Broña, Outes
Distancia: Diversas distancias segundo as categorías, 10 ou 5 Km aproximadamente a carreira de adultos/as
Organiza: Club Atletismo Outes
Inscrición: na web da proba ou no correo electrónico carreirabrona@gmail.com
Web: Cross de Verán de Broña

ORGANIZA: CLUB ATLETISMO OUTES
COLABORAN: ASOCIACIÓN VECIÑAL “ O PEDREGAL”, SAN COSME, OUTES
e tódolos 

REGULAMENTO

1º. As probas de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA VERDE da PRAIA DE BROÑA. As probas de infantís, cadetes, xuvenil/xunior, promesa/sénior, veteráns e superveteráns farase no circuíto mixto (terra/asfalto/cemento) sinalado pola organización.

2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.

3º. A clasificación será por categorías. Haberá tres premios para os/as tres primeiros/as clasificados/as para quenes opten pola carreira de 5 km.

4°. As inscricións poderanse facer na páxina Web http://sites.google.com/site/carreirabrona ou no correo electrónico carreirabrona@gmail.com, ate ás 14:00 horas do sábado día 19 de setembro do 2015. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento, localidade e club (se procede). NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA CARREIRA, excepto as categorías: pitufos, prebenxamíns, benxamíns e alevíns que poderán facelo ata media hora antes de cada carreira, prégase que as mesmas se realicen antes para evitar apuros de última hora.

5º. Os participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.

6°- Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización.

7°- A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O non recollido nel resolverase segundo o criterio da organización e as súas decisións serán inapelables.

8°- A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir as/os participantes nestas probas por calquera incidente fortuíto durante o seu desenvolvemento.

9°- Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular admitiranse reclamacións, pero espérase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todas e todos os participantes.

10°. En cada proba cerrarase o control así que transcorra o dobre do tempo empregado polo vencedor.

11° Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderá descualificar os participantes que cometan algunha irregularidade.

12°. A organización poderá agrupar categorías e anticipar a hora de saída dalgunhas carreiras en función dos corredores inscritos en cada unha das categorías.

13º. A entrega de trofeos farase ao rematar a proba.

14º. É de obrigado cumprimento acudir o protocolo da entrega de medallas na categoría individual por parte do atleta premiado. En caso contrario o atleta non recibirá as medallas ou trofeos.

RETIRADA DE DORSAIS
Na mesa de control da organización situada no circuíto ata media hora antes de cada carreira.

CATEGORÍAS E HORARIOS / CATEGORÍAS ANO / NACEMENTO / HOMES MULLERES DISTANCIA
Pitufos 2011 e seguintes 10:30 h 10:30 100 metros
Prebenxamíns 2008-2010 10:45 h. 10:45 h. 300 metros
Benxamíns 2006-2007 11:00 h. 11:00 h. 1.000 metros
Alevíns 2004-2005 11:15 h. 11:15 h. 1.000 metros
Infantís 2002-2003 11:30 h. 11:30 h. 3.000 metros
Cadetes 2000-2001 11:30 h. 11:30 h. 3.000 metros
Xuvenil/Xunior 1996-1999 11:45 h. 11:45 h. 7.000 metros
Promesa/Senior 1981-1995 11:45 h. 11:45 h. 7.000 metros
Veteranos 1970 ao 1980 11:45 h. 11:45 h. 7.000 metros
Superveteranos 1969 e anteriores 11:45 h. 11:45 h. 7.000 metros

Tags:
Created by Ricardo Rodríguez Fernández on 2016/08/01 22:21
    
This wiki is licensed under a Creative Commons 2.0 license
XWiki Enterprise 7.3 - Documentation