XIV Cross de Verán de Broña




Data: 15 e 16/09/2018
Nome do evento: XIV Cross de Verán de Broña

sábado, 15/09/2018, andaina nocturna
Hora de comezo: 21:00
Hora de remate estimada: 24:00

domingo, 16/09/2018, carreiras de tódalas categorías
Hora de comezo: 09:30
Hora de remate: 14:00

Descripción


XIV Cross de Verán de Broña, 2018
e andaina cardiosaudable pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados"
Creando Cultura de Movemento
29 de setembro, Día Mundial do Corazón


Cartel: https://goo.gl/eHrvBz

Data: sábado, 15 de setembro de 2018
Hora: 21:00 h, saída do andaina pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados" desde a caseta de socorrismo, no paseo que linda coa praia)

Data: domingo, 16 de setembro de 2018
Hora: carreiras a partires das 11:00 h

Lugar: saídas e chegadas no paseo da Praia de Broña, Outes
Distancia: Diversas distancias segundo as categorías, aproximadamente 10 ou 5,5 km as carreiras de adultos/as e 6,5 km a andaina
Organiza: Club de Atletismo Outes
Inscrición: en Emesports, na web do evento, ou no correo electrónico carreirabrona@gmail.com segundo categorías. Ver máis abaixo o punto 4 do regulamento.
Web: https://sites.google.com/site/carreirabrona/

Organiza

Club de Atletismo Outes

Colaboran

  • Concello de Outes
  • Concellalía de Cultura e Deportes, Concello de Outes
  • Deputación da Coruña
  • Asociación Veciñal “O Pedregal”, San Cosme, Outes
  • Asociación Terra de Outes
  • Cruz Vermella, Asemblea de Noia
  • Protección Civil de Outes
  • Asociación Corazonadas
  • Universidade de Santiago de Compostela, USC
  • Universidade de Vigo, UVigo
  • Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, IDIS
  • Galicia Saudable
  • Fundación Deporte Galego
  • Ilustre Colexio de Licenciados/as de Educación Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia)
  • Phisiorelax

Regulamento

1º. As carreiras de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA VERDE da PRAIA DE BROÑA. As carreiras de infantís, cadetes, xuvenil/xunior, promesa/sénior, veteráns e superveteráns farase no circuíto mixto (terra/asfalto/cemento) sinalado pola organización.

2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.

3º. Na carreira de 10 km e en tódalas de pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas, infantís e cadetes, haberá premios para os tres primeiros e as tres primeiras participantes de cada categoría. Ademáis, haberá tres premios para os tres primeiros clasificados e as tres primeiras clasificadas na carreira de 5,5 km, sexa cal sexa a súa categoría (xuvenil/xunior, promesa/senior, veteráns/nas ou superveteráns/nas). Entregarase un premio de honra aos/ás corredores e a corredoras de maior e menor idade. 

4º. As inscricións para as carreiras de 10 km, 5,5 km, 3 km (infantís e cadetes) e a andaina faranse en Emesports, antes das 24:00 do xoves, 13 de setembro. As das categorías pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas, faranse na web do evento ou no correo-e carreirabrona@gmail.com, ate 30 minutos antes de cada carreira. Aceptaranse tamén inscricións para o paseo no correo-e carreirabrona@gmail.com. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento, localidade e club (se procede). A inscrición é obrigatoria para contar coa cobertura do seguro do evento e participar no sorteo de agasallos. Por favor, fagamos un esforzo para evitar inscricións a última hora!

5º. Os/as participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada carreira.

6º. Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización.

7º. A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O aquí non recollido resolverase segundo o seu criterio. As súas decisións serán inapelables.

8º. Tódolos/as participantes debidamente inscritos/as estarán amparados/as por unha póliza de seguro de accidentes deportivos e responsabilidade civil concertada pola organización.

9º. Aínda que o evento sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións que serán resoltas pola organización antes da entrega de premios. Espérase e agradécese un espírito e un comportamento deportivo por parte de tódolos/as participantes.

10º. En cada carreira cerrarase o control así que transcorra o triple do tempo empregado polo/a vencedor/a. No caso do paseo, e por razóns puramente loxísticas, pecharase o control cando comece a entrega de trofeos ás 13:15.

11º. Ao longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos e poderá descualificar aos/ás participantes que cometan algunha irregularidade.

12º. A organización poderá agrupar categorías e atrasar a hora de saída dalgunhas carreiras en función dos/as corredores/as inscritos/as en cada unha.

13º. A entrega de trofeos farase ao rematar tódalas carreiras.

14º. É de obrigado cumprimento acudir ao protocolo da entrega de trofeos por parte dos/as atletas premiados/as. En caso contrario non recibirán as distincións e/ou agasallos.

15º. Tódalas persoas, inscritas nas carreiras ou no paseo, que crucen á meta antes do peche do control, recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa (entregaranse na chegada de cada carreira e do paseo ata fin de existencias). Destas, tódalas maiores de 18 anos participarán ademais no sorteo dunha noite nas Cabanas de Broña. As persoas agraciadas terán que recoller o agasallo persoalmente no momento do sorteo. No caso de non estar presente, sortearase de novo.

16º. Durante toda a mañá celebrarase un obradoiro/competición de reanimación cardio-pulmonar/desfibrilación semiautomática, outro sobre bos hábitos na alimentación e outro sobre medida da forza manual mediante dinamometría.

17º. A zona da praia de Broña é un entorno excelente para disfrutar dun xantar ao aire libre. Organízase un xantar campestre na zona verde. O domingo instalarase unha pulpeira para quenes queran disfrutar dun rato agradable comentando o resultado das carreiras e compartindo experiencias e prefiran non levar comida da casa ou usar a hostelería local. Haberá duchas dispoñibles no polideportivo de O Cruceiro de Roo desde as 12:00 ata as 13:15.

Retirada de dorsais

Nas mesas de control da organización situadas na caseta de socorrismo, no paseo que bordea a praia ata media hora antes de cada carreira ou da andaina.

Categorías e horarios das carreiras e outras actividades

XIIICrossDeVeranDeBrona.horarios.png



Obradoiro de dinamometría

O Ilustre Colexio Oficial de Licenciadas/os en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia) realizará un sinxelo test para todos os públicos, que permite coñecer o nivel de presión manual coa axuda de dinamómetros dixitais. Informará in situ aos participantes do resultado en relación aos valores de referencia e outros exemplos significativos. A dinamometría forma parte dun conxunto de probas de valoración funcional que serven para analizar a autonomía e capacidades físicas dunha persoa, e poder adaptalas á súa ocupación e exercicio físico actual.

Obradoiro de reanimación cardio-pulmonar/desfibrilación semiautomática (RCP/DESA)

A reanimación cardiopulmonar é o conxunto de maniobras máis eficaz para salvar vidas cando o corazón ten deixado de later. No espazo do piñeiral de Broña, cerca da liña de saída para as carreiras e o paseo, programaranse actividades de introducción ás manobras de reanimación para persoas sen formación en atención sanitaria.

Andaina cardiosaudable pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados"

Cremos que é posible promover a volta a estilos de vida ricos en actividade física en contacto coa natureza e coa cultura, co paseo ilustrado con coñecementos do medio que se pasea, sexa sobre a natureza, sobre os usos do territorio, ou, como neste caso, as actividades industriais que non hai tantos anos alí se desenvolveron. Este ano propomos tamén un paseo pola “Ruta dos carpinteiros cos pés mollados”: chea de sinais da actividade de construción de embarcacions en madeira que alí tiña lugar na segunda metade do século XIX e primeira do XX. En aproximadamente 6,5 km recorreremos a beira da Praia de Broña ata a área recreativa do Requeixo. Desde a zona de talleres da Bogalleira, subiremos a Serantes e Tavilo, iremos cara o interior ata Bendimón e voltaremos á praia. É un recorrido asequible, algo máis esixente que o do ano 2016, con pequenas dificultades que motivan ao/á paseante, sempre a ritmo de conversa e tentando entender as chaves que explican a paisaxe actual: o piñeiral, as zonas de vexetación de ribeira, o aproveitamento de marisco na ría, as novas infraestruturas de comunicación, os abondosos restos dos talleres de construcción de barcos de madeira...

Tags:
Created by Ricardo Rodríguez Fernández on 2016/08/01 22:21
    
This wiki is licensed under a Creative Commons 2.0 license
XWiki Enterprise 7.3 - Documentation