XII Cross de Verán de Broña (borrador de traballo)
Data: 18/09/2016
Nome da carreira: XII Cross de Verán de Broña
Hora de comezo: 10:30
Hora de remate: 14:00
Descripción
XII Cross de Verán de Broña
e andaina cardiosaudable pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados"
Creando Cultura de Movemento
Data: domingo, 18 de setembro de 2016
Hora: a partires das 10:30 h (saída das categorías de adultos/as); saída da andaina ás 11:15
Lugar: saída e chegada no paseo da Praia de Broña, Outes
Distancia: Diversas distancias segundo as categorías, aproximadamente 10 ou 5,5 Km a carreira de adultos/as e 3,5 Km a andaina
Organiza: Club de Atletismo Outes
Inscrición: en Emesports, na web da proba, ou no correo electrónico carreirabrona@gmail.com segundo categorías. Ver máis abaixo o punto 4 do regulamento.
Web: https://sites.google.com/site/carreirabrona/
Organiza
Club de Atletismo Outes
Colaboran
- Asociación Veciñal “O Pedregal”, San Cosme, Outes
- Unidad de Rehabilitación Cardíaca do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, Xerencia de Gestión Integrada de Santiago de Compostela, SERGAS
- Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, SERGAS
- Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte, Universidade de Vigo
- Ilustre Colexio Oficial de Licenciadas/os en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia)
- Asociación Terra de Outes
- Concellalía de Cultura e Deportes, Concello de Outes
- Concello de Outes
- Deputation da Coruña
- Asociación Corazonadas
- Cruz Vermella, Asemblea de Noia
- Protección Civil de Outes
- Coca-Cola
- Fundación Deporte Galego
- Galicia Saudable
Regulamento
1º. As probas de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA VERDE da PRAIA DE BROÑA. As probas de infantís, cadetes, xuvenil/xunior, promesa/sénior, veteráns e superveteráns farase no circuíto mixto (terra/asfalto/cemento) sinalado pola organización.
2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.
3º. Na proba de 10 Km e en tódalas probas de pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas, infantís e cadetes, haberá premios para os tres primeiros e as tres primeiras participantes de cada categoría. Ademáis, haberá tres premios para os tres primeiros clasificados e as tres primeiras clasificadas na carreira de 5,5 km, sexa cal sexa a súa categoría (xuvenil/xunior, promesa/senior, veteráns/nas ou superveteráns/nas).
4º. As inscricións para as probas de 10 km, 5,5 km e 3 km (infantís e cadetes) faranse en Emesports, antes das 24:00 do xoves, 15 de setembro. As das categorías pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas e a andaina, faranse na web da proba ou no correo-e carreirabrona@gmail.com, ate 30 minutos antes de cada proba ou da saída da andaina. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento, localidade e club (se procede). Por favor, fagamos un esforzo para evitar inscricións a última hora!
5º. Os/as participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.
6º. Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización.
7º. A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O aquí non recollido resolverase segundo o seu criterio. As súas decisións serán inapelables.
8º. A organización conta con seguro de accidentes deportivos e responsabilidade civil. Non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir as/os participantes nestas probas por calquera incidente fortuíto durante o seu desenvolvemento.
9º. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións que serán resoltas pola organización antes da entrega de premios. Espérase e agradécese un espírito e un comportamento deportivo por parte de tódolos/as participantes.
10º. En cada proba cerrarase o control así que transcorra o triple do tempo empregado polo/a vencedor/a.
11º. Ao longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos e poderá descualificar aos/ás participantes que cometan algunha irregularidade.
12º. A organización poderá agrupar categorías e anticipar a hora de saída dalgunhas carreiras en función dos/as corredores/as inscritos/as en cada proba.
13º. A entrega de trofeos farase ao rematar tódalas probas.
14º. É de obrigado cumprimento acudir ao protocolo da entrega de trofeos por parte dos/as atletas premiados/as. En caso contrario non recibirán as distincións e/ou agasallos.
Retirada de dorsais
Na mesa de control da organización situada no circuíto ata media hora antes de cada carreira.
Categorías e horarios das carreiras e outras actividades
segundo a táboa
Cómpre axustar o horario da saída do paseo. Penso que de 11:15 a 12:45 podería estar ben!