XII Cross de Verán de Broña (borrador de traballo)
Data: 18/09/2016
Nome da carreira: XII Cross de Verán de Broña
Hora de comezo: 10:30
Hora de remate: 14:00
Descripción
XII Cross de Verán de Broña, 2016
e andaina cardiosaudable pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados"
Creando Cultura de Movemento
Data: domingo, 18 de setembro de 2016
Hora: a partires das 10:30 h (saída das categorías de adultos/as); saída da andaina ás 11:15
Lugar: saída e chegada no paseo da Praia de Broña, Outes
Distancia: Diversas distancias segundo as categorías, aproximadamente 10 ou 5,5 Km a carreira de adultos/as e 3,5 Km a andaina
Organiza: Club de Atletismo Outes
Inscrición: en Emesports, na web da proba, ou no correo electrónico carreirabrona@gmail.com segundo categorías. Ver máis abaixo o punto 4 do regulamento.
Web: https://sites.google.com/site/carreirabrona/
Organiza
Club de Atletismo Outes
Colaboran
- Asociación Veciñal “O Pedregal”, San Cosme, Outes
- Unidad de Rehabilitación Cardíaca do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, Xerencia de Gestión Integrada de Santiago de Compostela, SERGAS
- Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, SERGAS
- Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte, Universidade de Vigo
- Ilustre Colexio Oficial de Licenciadas/os en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia)
- Asociación Terra de Outes
- Concellalía de Cultura e Deportes, Concello de Outes
- Concello de Outes
- Deputación da Coruña
- Asociación Corazonadas
- Cruz Vermella, Asemblea de Noia
- Protección Civil de Outes
- Coca-Cola
- Fundación Deporte Galego
- Galicia Saudable
Regulamento
1º. As probas de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA VERDE da PRAIA DE BROÑA. As probas de infantís, cadetes, xuvenil/xunior, promesa/sénior, veteráns e superveteráns farase no circuíto mixto (terra/asfalto/cemento) sinalado pola organización.
2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.
3º. Na proba de 10 Km e en tódalas probas de pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas, infantís e cadetes, haberá premios para os tres primeiros e as tres primeiras participantes de cada categoría. Ademáis, haberá tres premios para os tres primeiros clasificados e as tres primeiras clasificadas na carreira de 5,5 km, sexa cal sexa a súa categoría (xuvenil/xunior, promesa/senior, veteráns/nas ou superveteráns/nas). Entregarase un premio de honra aos/ás corredores e a corredoras de maior e minor idade.
4º. As inscricións para as probas de 10 km, 5,5 km e 3 km (infantís e cadetes) faranse en Emesports, antes das 24:00 do xoves, 15 de setembro. As das categorías pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas e a andaina, faranse na web da proba ou no correo-e carreirabrona@gmail.com, ate 30 minutos antes de cada proba ou da saída da andaina. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento, localidade e club (se procede). A participación na proba de 5,5 km e na andaina son compatibles no horario. Se algunha persoa quere participar nas dúas, cómpre que se inscriba en ambas probas aínda que usará só o dorsal entregado para o cross. Ese será tamén o número co que participará no sorteo de agasallos. Por favor, fagamos un esforzo para evitar inscricións a última hora!
5º. Os/as participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.
6º. Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización.
7º. A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O aquí non recollido resolverase segundo o seu criterio. As súas decisións serán inapelables.
8º. A organización conta con seguro de accidentes deportivos e responsabilidade civil. Non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir as/os participantes nestas probas por calquera incidente fortuíto durante o seu desenvolvemento.
9º. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións que serán resoltas pola organización antes da entrega de premios. Espérase e agradécese un espírito e un comportamento deportivo por parte de tódolos/as participantes.
10º. En cada proba cerrarase o control así que transcorra o triple do tempo empregado polo/a vencedor/a. No caso da andaina, e por razóns puramente loxísticas, pecharase o control cando comece a entrega de trofeos ás 13:15.
11º. Ao longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos e poderá descualificar aos/ás participantes que cometan algunha irregularidade.
12º. A organización poderá agrupar categorías e anticipar a hora de saída dalgunhas carreiras en función dos/as corredores/as inscritos/as en cada proba.
13º. A entrega de trofeos farase ao rematar tódalas probas.
14º. É de obrigado cumprimento acudir ao protocolo da entrega de trofeos por parte dos/as atletas premiados/as. En caso contrario non recibirán as distincións e/ou agasallos.
15º. Tódalas persoas, inscritas na carreira ou na andaina, que crucen á meta antes do peche do control, recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa. Destas, tódalas maiores de 18 anos participarán ademais no sorteo dunha noite nas Cabanas de Broña.
16º. Durante toda a mañá celebrarase dous talleres de reanimación cardio-pulmonar/desfibrilación semiautomática e dinamometría. Varios especialistas achegarannos á avaliación da capacidade física para a práctica de deporte e actividade física de xeito seguro, adaptado ás capacidades e forma física de cada persoa.
17º. A zona da praia de Broña é un entorno excelente para disfrutar dun xantar ao aire libre. Instalarase unha pulpeira na zona verde para que quenes queran disfrutar dun agradable rato comentando o resultado das probas e compartir experiencias e prefiran non levar comida da casa ou a hostelería local.
Retirada de dorsais
Na mesa de control da organización situada no circuíto ata media hora antes de cada carreira.
Categorías e horarios das carreiras e outras actividades
Taller de dinamometría
O Ilustre Colexio Oficial de Licenciadas/os en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia) realizará un sinxelo test para todos os públicos, que permite coñecer o nivel de prensión manual coa axuda de dinamómetros dixitais. Informará in situ aos participantes do resultado en relación aos valores de referencia e outros exemplos significativos. A dinamometría forma parte dun conxunto de probas de valoración funcional que serven para analizar a autonomía e capacidades físicas dunha persoa, e poder adaptalas á súa ocupación e exercicio físico actual.
Taller de reanimación cardio-pulmonar/desfibrilación semiautomática (RCP/DESA)
A reanimación cardiopulmonar é o conxunto de maniobras máis eficaz para salvar vidas cando o corazón ten deixado de later. Calquera persoa sen formación en atención sanitaria pode realizar os primeiros pasos de reanimación, pero ten que coñecelos e estar suficientemente entrenada. No espazo do piñeiral de Broña, cerca da liña de saída para as carreiras e a andaina, a Unidade de Rehabilitación Cardíaca do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, o Grupo de Investigación Motricidade e Rendemiento en Salvamento e Socorrismo da Universidade de Vigo e a Asociación Corazonadas, demostrarán con modelos de entrenamento a secuencia das manobras o xeito correcto de realizalas. Será máis unha actividade de introducción e sensibilización que un taller onde podades acadar as capacidades necesarias para una reanimación exitosa. Queremos agora chegar a máis xente a costa a intensidade da formación. Non hemos tardar moito en programar talleres para grupos concretos (técnicos/as de promoción e xestión de actividades deportivas no ámbito dos concellos, deportistas aficionados, traballadores/as do mar...)!
Andaina cardiosaudable pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados"
Cremos que é posible promover a volta a estilos de vida ricos en actividade física en contacto coa natureza e coa cultura, co paseo ilustrado con coñecementos do medio que se pasea, sexa sobre a natureza, sobre os usos do territorio, ou, como neste caso, as actividades industriais que non hai tantos anos alí se desenvolveron. Este ano propomos tamén un paso pola “Ruta dos carpinteiros cos pés mollados”: chea de sinais da actividade de construcción de embarcacions en madeira que alí tiña lugar na segunda metade do século XIX e primeira do XX. En aproximadamente 3,5 km recorreremos a beira da Seca de Broña cruzándoa na baixamar pola area na zona do Requeixo, subiremos a Cerzón e voltaremos á praia. É un recorrido asequible, con pequenas dificultades que motivan ao/á paseante, a ritmo de conversa e acompañados por quen moito sabe dos talleres de carpintería de ribeira da zona. Esta proposta esta supervisada e apoiada pola Unidade de Rehabilitación Cardíaca do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, o Grupo de Investigación Motricidade e Rendemiento en Salvamento e Socorrismo da Universidade de Vigo, o Ilustre Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia) e a Asociación Corazonadas.