XII Cross de Verán de Broña (borrador de traballo)


Fecha: 18/09/2016
Nombre de la carrera: XII Cross de Verán de Broña
Hora de comienzo: 10:30
Hora de finalización: 14:00

XI Cross de Verán de Broña

Descripción

Data: domingo, 18 de setembro de 2016
Hora: a partires das 10:30 h (saída das categorías de adultos/as)
Lugar: saída e chegada no paseo da Praia de Broña, Outes
Distancia: Diversas distancias segundo as categorías, 10 ou 5 Km aproximadamente a carreira de adultos/as
Organiza: Club Atletismo Outes
Inscrición: na web da proba ou no correo electrónico carreirabrona@gmail.com
Web: Cross de Verán de Broña

Organizán

CLUB ATLETISMO OUTES e ASOCIACIÓN VECIÑAL “ O PEDREGAL”, SAN COSME, OUTES

Colaboran

segundo o listado

Regulamento

1º. As probas de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA VERDE da PRAIA DE BROÑA. As probas de infantís, cadetes, xuvenil/xunior, promesa/sénior, veteráns e superveteráns farase no circuíto mixto (terra/asfalto/cemento) sinalado pola organización.

2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.

3º. A clasificación será por categorías. Haberá tres premios para os/as tres primeiros/as clasificados/as para quenes opten pola carreira de 5 km.

4°. As inscricións poderanse facer na páxina Web http://sites.google.com/site/carreirabrona ou no correo electrónico carreirabrona@gmail.com, ate ás 14:00 horas do sábado día 18 de setembro do 2016. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento, localidade e club (se procede). NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA CARREIRA, excepto as categorías: pitufos, prebenxamíns, benxamíns e alevíns que poderán facelo ata media hora antes de cada carreira, prégase que as mesmas se realicen antes para evitar apuros de última hora.

5º. Os participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.

6°. Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización.

7°. A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O non recollido nel resolverase segundo o criterio da organización e as súas decisións serán inapelables.

8°. A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir as/os participantes nestas probas por calquera incidente fortuíto durante o seu desenvolvemento.

9°. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións que serán resoltas pola organización antes da entrega de premios. Espérase e agradécese un espírito e un comportamento deportivo por parte de todas e tódolos/as os/as participantes.

10°. En cada proba cerrarase o control así que transcorra o dobre do tempo empregado polo vencedor.

11° Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderá descualificar os participantes que cometan algunha irregularidade.

12°. A organización poderá agrupar categorías e anticipar a hora de saída dalgunhas carreiras en función dos corredores inscritos en cada unha.

13º. A entrega de trofeos farase ao rematar a proba.

14º. É de obrigado cumprimento acudir o protocolo da entrega de trofeos por parte dos atletas premiados. En caso contrario non recibirán as distincións e/ou agasallos.

Retirada de dorsais

Na mesa de control da organización situada no circuíto ata media hora antes de cada carreira.

CATEGORÍAS E HORARIO DE CARREIRAS E OUTRAS ACTIVIDADES

Tags:
Created by Ricardo Rodríguez Fernández on 2016/08/01 22:21
    
This wiki is licensed under a Creative Commons 2.0 license
XWiki Enterprise 7.3 - Documentation