XII Cross de Verán de Broña (borrador de traballo)




Data: 18/09/2016
Nome da carreira: XII Cross de Verán de Broña
Hora de comezo: 10:30
Hora de remate: 14:00

Descripción


XII Cross de Verán de Broña
e andaina cardiosaudable pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados"
Creando Cultura de Movemento


Data: domingo, 18 de setembro de 2016
Hora: a partires das 10:30 h (saída das categorías de adultos/as); saída da andaina ás 11:15
Lugar: saída e chegada no paseo da Praia de Broña, Outes
Distancia: Diversas distancias segundo as categorías, aproximadamente 10 ou 5,5 Km a carreira de adultos/as e 3,5 Km a andaina
Organiza: Club de Atletismo Outes
Inscrición: en Emesports,http://emesports.es, na web da proba, https://sites.google.com/site/carreirabrona/, ou no correo electrónico carreirabrona@gmail.com segundo categorías. Ver máis abaixo o punto 4 do regulamento.
Web: Cross de Verán de Broña

Organiza

Club de Atletismo Outes

Colaboran

  • Asociación Veciñal “O Pedregal”, San Cosme, Outes
  • Unidad de Rehabilitación Cardíaca do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, Xerencia de Gestión Integrada de Santiago de Compostela, SERGAS
  • Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, SERGAS 
  • Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte, Universidade de Vigo
  • Ilustre Colexio Oficial de Licenciadas/os en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia)
  • Asociación Terra de Outes
  • Concellalía de Cultura e Deportes, Concello de Outes
  • Concello de Outes
  • Deputation da Coruña
  • Asociación Corazonadas
  • Cruz Vermella, Asemblea de Noia
  • Protección Civil de Outes
  • Coca-Cola
  • Fundación Deporte Galego
  • Galicia Saudable

con logos

Regulamento

1º. As probas de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA VERDE da PRAIA DE BROÑA. As probas de infantís, cadetes, xuvenil/xunior, promesa/sénior, veteráns e superveteráns farase no circuíto mixto (terra/asfalto/cemento) sinalado pola organización.

2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.

3º. Na proba de 10 Km e en tódalas probas de pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas, infantís e cadetes, haberá premios para os tres primeiros e as tres primeiras participantes de cada categoría. Ademáis, haberá tres premios para os tres primeiros clasificados e as tres primeiras clasificadas na carreira de 5,5 km, sexa cal sexa a súa categoría (xuvenil/xunior, promesa/senior, veteráns/nas ou superveteráns/nas).

4º. As inscricións para as probas de 10 km, 5,5 km e 3 km (infantís e cadetes) faranse en Emesports, http://emesports.es, antes das 24:00 do xoves, 15 de setembro. As das categorías pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas e a andaina, faranse na web da proba http://sites.google.com/site/carreirabrona ou no correo-e carreirabrona@gmail.com, ate 30 minutos antes de cada proba ou da saída da andaina. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento, localidade e club (se procede). Por favor, facede un esforzo para evitar inscricións a última hora!

5º. Os/as participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.

6º. Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización.

7º. A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O aquí non recollido resolverase segundo o seu criterio. As súas decisións serán inapelables.

8º. A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir as/os participantes nestas probas por calquera incidente fortuíto durante o seu desenvolvemento.

9º. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións que serán resoltas pola organización antes da entrega de premios. Espérase e agradécese un espírito e un comportamento deportivo por parte de tódolos/as participantes.

10º. En cada proba cerrarase o control así que transcorra o triple do tempo empregado polo/a vencedor/a.

11º. Ao longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos e poderá descualificar aos/ás participantes que cometan algunha irregularidade.

12º. A organización poderá agrupar categorías e anticipar a hora de saída dalgunhas carreiras en función dos/as corredores/as inscritos/as en cada proba.

13º. A entrega de trofeos farase ao rematar tódalas probas.

14º. É de obrigado cumprimento acudir ao protocolo da entrega de trofeos por parte dos/as atletas premiados/as. En caso contrario non recibirán as distincións e/ou agasallos.

Retirada de dorsais

Na mesa de control da organización situada no circuíto ata media hora antes de cada carreira.

Categorías e horarios das carreiras e outras actividades

segundo a táboa
Cómpre axustar o horario da saída do paseo. Penso que de 11:15 a 12:45 podería estar ben!



Tags:
Created by Ricardo Rodríguez Fernández on 2016/08/01 22:21
    
This wiki is licensed under a Creative Commons 2.0 license
XWiki Enterprise 7.3 - Documentation