XIII Cross de Verán de Broña




Data: 17/09/2016
Nome da carreira: XIII Cross de Verán de Broña
Hora de comezo: 09:30
Hora de remate: 14:00

Descripción


XIII Cross de Verán de Broña, 2017
e paseo cardiosaudable pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados"
Creando Cultura de Movemento
29 de setembro, Día Mundial do Corazón


Cartel:
Data: domingo, 17 de setembro de 2017
Hora: carreiras a partires das 11:00 h (saída das categorías de adultos/as); saída do paseo pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados" ás 09:30
Lugar: saída e chegada no paseo da Praia de Broña, Outes
Distancia: Diversas distancias segundo as categorías, aproximadamente 10 ou 5,5 Km as carreiras de adultos/as e 6,5 Km o paseo
Organiza: Club de Atletismo Outes
Inscrición: en Emesports, na web da proba, ou no correo electrónico carreirabrona@gmail.com segundo categorías. Ver máis abaixo o punto 4 do regulamento.
Web: https://sites.google.com/site/carreirabrona/

Organiza

Club de Atletismo Outes

Colaboran

  • Asociación Veciñal “O Pedregal”, San Cosme, Outes
  • Concellalía de Cultura e Deportes, Concello de Outes
  • Concello de Outes
  • Deputación da Coruña
  • Asociación Terra de Outes
  • Cruz Vermella, Asemblea de Noia
  • Protección Civil de Outes
  • Asociación Corazonadas
  • Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, SERGAS
  • Universidade de Santiago de Compostela, USC
  • Instituo de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, IDIS
  • Coca-Cola
  • Galicia Saudable

Regulamento

1º. As probas de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA VERDE da PRAIA DE BROÑA. As probas de infantís, cadetes, xuvenil/xunior, promesa/sénior, veteráns e superveteráns farase no circuíto mixto (terra/asfalto/cemento) sinalado pola organización.

2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.

3º. Na proba de 10 Km e en tódalas probas de pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas, infantís e cadetes, haberá premios para os tres primeiros e as tres primeiras participantes de cada categoría. Ademáis, haberá tres premios para os tres primeiros clasificados e as tres primeiras clasificadas na carreira de 5,5 km, sexa cal sexa a súa categoría (xuvenil/xunior, promesa/senior, veteráns/nas ou superveteráns/nas). Entregarase un premio de honra aos/ás corredores e a corredoras de maior e menor idade. 

4º. As inscricións para as probas de 10 km, 5,5 km, 3 km (infantís e cadetes) faranse en Emesports, antes das 24:00 do xoves, 14 de setembro. As das categorías pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas e o paseo, faranse na web da proba ou no correo-e carreirabrona@gmail.com, ate 30 minutos antes de cada proba ou do paseo. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento, localidade e club (se procede). A participación nas probas de 10 ou 5,5 km e no paseo NON SON COMPATIBLES NO HORARIO. A inscrición é obrigatoria para contar coa cobertura do seguro da proba e participar no sorteo de agasallos. Por favor, fagamos un esforzo para evitar inscricións a última hora!

5º. Os/as participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.

6º. Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización.

7º. A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O aquí non recollido resolverase segundo o seu criterio. As súas decisións serán inapelables.

8º. Tódolos/as participantes debidamente inscritos/as estarán amparados/as por unha póliza de seguro de accidentes deportivos e responsabilidade civil concertada pola organización.

9º. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións que serán resoltas pola organización antes da entrega de premios. Espérase e agradécese un espírito e un comportamento deportivo por parte de tódolos/as participantes.

10º. En cada proba cerrarase o control así que transcorra o triple do tempo empregado polo/a vencedor/a. No caso do paseo, e por razóns puramente loxísticas, pecharase o control cando comece a entrega de trofeos ás 13:45.

11º. Ao longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos e poderá descualificar aos/ás participantes que cometan algunha irregularidade.

12º. A organización poderá agrupar categorías e atrasar a hora de saída dalgunhas carreiras en función dos/as corredores/as inscritos/as en cada proba.

13º. A entrega de trofeos farase ao rematar tódalas probas.

14º. É de obrigado cumprimento acudir ao protocolo da entrega de trofeos por parte dos/as atletas premiados/as. En caso contrario non recibirán as distincións e/ou agasallos.

15º. Tódalas persoas, inscritas na carreira ou no paseo, que crucen á meta antes do peche do control, recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa (entregaranse na chegada de cada proba ata fin de existencias). Destas, tódalas maiores de 18 anos participarán ademais no sorteo dunha noite nas Cabanas de Broña. As persoas agraciadas terán que recoller o agasallo persoalmente no momento do sorteo. No caso de non estar presente, sortearase de novo.

16º. Durante toda a mañá celebrarase un obradoiro de reanimación cardio-pulmonar/desfibrilación semiautomática.

17º. A zona da praia de Broña é un entorno excelente para disfrutar dun xantar ao aire libre. Organízase un xantar campestre na zona verde. Instalarase unha pulpeira para quenes queran disfrutar dun rato agradable comentando o resultado das probas e compartindo experiencias e prefiran non levar comida da casa ou usar a hostelería local. Haberá duchas dispoñibles no polideportivo de O Cruceiro de Roo desde as 12:00 ata as 13:15.

Retirada de dorsais

Nas mesas de control da organización situadas no circuíto ata media hora antes de cada proba ou do paseo.

Categorías e horarios das carreiras e outras actividades

XIIICrossDeVeranDeBrona.horarios.png



Obradoiro de reanimación cardio-pulmonar/desfibrilación semiautomática (RCP/DESA)

A reanimación cardiopulmonar é o conxunto de maniobras máis eficaz para salvar vidas cando o corazón ten deixado de later. No espazo do piñeiral de Broña, cerca da liña de saída para as carreiras e o paseo, programaranse actividades de introducción ás manobras de reanimación para persoas sen formación en atención sanitaria.

Paseo cardiosaudable pola "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados"

Cremos que é posible promover a volta a estilos de vida ricos en actividade física en contacto coa natureza e coa cultura, co paseo ilustrado con coñecementos do medio que se pasea, sexa sobre a natureza, sobre os usos do territorio, ou, como neste caso, as actividades industriais que non hai tantos anos alí se desenvolveron. Este ano propomos tamén un paseo pola “Ruta dos carpinteiros cos pés mollados”: chea de sinais da actividade de construcción de embarcacions en madeira que alí tiña lugar na segunda metade do século XIX e primeira do XX. En aproximadamente 6,5 km recorreremos a beira da Praia de Broña ata a área recreativa do Requeixo. Desde a zona de talleres da Bogalleira, subiremos a Serantes e Tavilo, iremos cara o interior ata Bendimón e voltaremos á praia. É un recorrido asequible, algo máis esixente que o do ano 2016, con pequenas dificultades que motivan ao/á paseante, sempre a ritmo de conversa e tentando entender as chaves que explican a paisaxe actual: o piñeiral, as zonas de vexetación de ribeira, o aproveitamento de marisco na ría, as novas infraestructuras de comunicación, os abondosos restos dos talleres de construcción de barcos de madeira...

Tags:
Created by Ricardo Rodríguez Fernández on 2016/08/01 22:21
    
This wiki is licensed under a Creative Commons 2.0 license
XWiki Enterprise 7.3 - Documentation